jueves, 9 de octubre de 2014

Reflexión sobre o Marco Conceptual de Rocío Leiro



Despois de facer un percorrido polos cinco temas dados ata o momento, gustaríame resaltar os seguintes puntos que foron os máis relevantes para min.
Así do tema 1, destacaría o plan anual de reformas 2014, cuxos obxetivos serían levar a cabo medidas para mellorar a empregabilidade dos xóvenes e de outros colectivos afectados polo desemprego, mellorar a calidade da formación profesional para o emprego e mellorar a vinculación das políticas activas e pasivas e apoio o empredendemento.
¿Qué dicir sobre isto? Que non existe intencionalidade ningunha por parte do goberno de levalas a cabo, si realmente estivese preocupado cambiaría radicalmente as súas políticas, cuestionaría ( en vez de asumir) as políticas de recortes que se aplican e se impulsan por parte da U.E e do propio goberno. Penso que mentras non se plantexen un xiro total das políticas presupostarias e das políticas fiscais seguiranse aplicando as mesmas “recetas” que nos levan a máis paro, máis pobreza e máis desigualdade social.

Do tema 2 “O mercado laboral”, os efectos do paro sen dúbida é un punto que non pasa desapercibido, trátase dunha “lacra social” que obliga as persoas a entrar nunha espiral de autodestrución  levando en algúns casos ao suicidio. A falta de recursos económicos provoca situacións de pobreza e de degradación persoal  en moitos casos irreparables.



Pasando ao tema 3, considero importante os certificados de profesionalidade, pois permiten certificar, de maneira homoxénea, as competencias profesionais dos traballadores, que teñan sido adquiridas desde a experiencia profesional, a formación profesional para o emprego ou a formación profesional inicial.

Con respecto a política social e de emprego na U.E ( tema4) destacaría o Post Lisboa (2010-2020),apuntando a crear máis e mellores postos de traballo en toda a U.E tendo como obxetivos  o apoio a creación de emprego,restablecer a dinámica dos mercados laborais e consolidar a gobernanza das políticas de emprego. Como unha viñeta vale máis que mil palabras, escollín esta que reflexa a realidade de estas politicas.


Por último adquirir un coñecemento de todo o relacionado co Plan de Empresa, paréceme interesante, ainda que considero unha idea un tanto arriscada para os tempos que corren, por iso é de especial importancia valorar moi ben as vantaxes e os inconvintes de emprender.

No hay comentarios:

Publicar un comentario