miércoles, 12 de noviembre de 2014

REFLEXIÓN INDIVIDUAL DO MÓDULO 2. ROCIO LEIRO.




Despois de facer un percorrido por este módulo 2 do marco persoal, destacaría o seguinte dos cinco temas dados:


Primeiramente as funcións da orientación para o emprego son moi importante telas en conta para que na práctica a nosa labor profesional sexa máis profesional e efectiva.

ORIENTACIÓN LABORAL: é intervir na dificultade dunha persoa para atopar, manter ou progresar nun emprego axudando na adquisición de aquelas competencias que faciliten a súa inserción/reinserción/recualificación, mediante unha intervención individual e / ou grupal intervindo por programas ou servizos para aumentar a súa empregabilidade ou a súa capacidade para inserirse no emprego e a súa ocupabilidade ou capacidade de adaptarse ás novas esixencias de cualificación que require o mundo do traballo.

                                                                
Por outra banda o desenvolvemento das competencias comunicativas son de suma importancia no noso traballo, como se explica no tema 7, así o autor Bimbela distingue verbos claves que facilitarían o proceso comunicativo no proceso formativo. Estos verbos fundamentais son: clarificar obxetivos, acoller, preguntar, escoitar activamente, empatizar activamente, reforzar, sintetizar e retroalimentar.

Seguindo co mesmo tema o tema 8 fálanos das habilidades e competencias sociais. Segundo Rafael Bisguerra, a competencia social é a capacidade para manter boas relacións con outras persoas, isto implica dominar as habilidades sociais básicas, capacidade para a comunicación efectivas, respeito, actitudes prosociais, asertividade etc  
As MICROCOMPETENCIAS que inclúe a competencia social son as seguintes:

Dominar as habilidades sociais básicas, respecto polos demais, practicar a comunicación receptiva, practicar a comunicación expresiva, compartir emocións, comportamento prosocial e cooperación, asertividade, prevención e solución de comflictos e capacidade para xestionar situacións emocionais.  




Os últimos dous temas do módulo tratan sobre a web 2.0 e as competencias dixitais para a orientación laboral. As competencias dixitais levan consigo o dominio das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Orientad@r debe saber elaborar documentos e comunicalos, ter familiariedade cos equipos informáticos e manexar as ferramentas relacionadas coa web2.0.
Podemos destacar a capacidade de manexo de internet e correo electrónico, uso de plataformas para subir documentos, vídeos ou almacenar links, así como a capacidade de de xestionar perfís nas redes sociais máis utilizadas polos usuari@s e as organizacións.


  

No hay comentarios:

Publicar un comentario